[Sat Dec 14 13:49:21 MET 2024]
Abierto Hogar
[Sat Dec 14 13:49:21 MET 2024]
 

Fondos públicos

 
Subvencións para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos para o período 2022-2023.
633269 (BDNS)PR603B (Xunta de Galicia).

O 20 de xuño de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos e procédese á súa convocatoria para o período 2022-2023.

Ao amparo desa convocatoria, e con data 28 de outubro de 2022, ditouse resolución de concesión de subvención a TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U. para a execución de dous proxectos de extensión de redes de fibra óptica en áreas de alta concentración empresarial.

Contémplase un investimento total de 477.938,98 €, cunha achega pública de 382.351,18 €, que se financiará con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Como resultado destes proxectos dotarase de cobertura a 287 empresas situadas en 68 zonas de actuación con redes de fibra óptica de alta velocidade, capaces de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps.
Subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en Entidades Singulares de Poboación para o período 2018-2020. SA.50259 (UE)381199 (BDNS)PR605A (Xunta de Galicia).

O Consello da Xunta de Galicia do 11 de xaneiro de 2018 acordou autorizar a que se ditase resolución de convocatoria de subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación (procedemento administrativo PR605A).

Ao amparo desa convocatoria, e con data 23 de marzo de 2018, ditouse resolución de concesión de subvención a TELEFONICA DE ESPAÑA S.A. para a execución dun proxecto de extensión de redes de fibra óptica no rural galego durante o período 2018-2020.

O proxecto presentado por Telefónica contempla un investimento total de 15.834.681 euros, cunha achega pública de 14,2 millóns cofinanciados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de Desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Como resultado do mesmo espérase que 74.458 habitantes de 614 núcleos rurais repartidos por 181 concellos das 4 provincias de Galicia teñan acceso a servizos ultrarrápidos de acceso a Internet a través da rede de fibra óptica de última xeración de Telefónica. Os habitantes que teñan acceso a esta rede poderán gozar de tódalas vantaxes da fibra óptica simétrica a través da oferta de referencia de Movistar (marca comercial de Telefónica) para todo o territorio nacional, a cal actualmente contempla servizos de 300 Mbps pero continuará mellorando no futuro conforme á demanda dos usuarios.

Tal e como se explicita na propia resolución, a concesión das axudas públicas para a realización deste proxecto de extensión de redes de fibra óptica implica a asunción por parte de Telefónica dunha serie de compromisos sobre aspectos como: características dos servizos polo miúdo a prestar, accesibilidade da rede a outros operadores a través de servizos por xunto, cumprimento de alcance e prazos temporais no despregamento da rede, prestar un servizo específico e gratuíto de información a usuarios tanto en galego coma en castelán, manter a rede despregada durante a lo menos 10 anos...

Se desexa información adicional sobre esta actuación, pode chamar de forma gratuíta ao servizo de información específico do proxecto:
900 50 70 07.